Cursores
Cos meus mestres aprendín moito,cos meus amigos, máis;cos meus alumnos aínda máis. Proverbio hindú
RSS

martes, 23 de xuño de 2015

OS MAIOS

A Festa dos Maios celébrase no mes das flores. Trátase dunha tradición galega de orixe ancestral, que festexa nesa xornada a chegada do bo tempo, as colleitas e a consolidación do sedentarismo. 

No colexio organizamos, por vez primeira, unha exposición de Maios na que os participantes foron os alumnos e as súas familias. Os Maios son composicións que se fan con flores, herba, fentos, froitas e ovos como materiais máis habituais, que se poden empregar, en dúas clases de traballos: os tradicionais e os artísticos (que constitúen auténticas esculturas vexetais). A presentación dos Maios acompáñase de lecturas que aluden aos acontecementos recentes en distintas parcelas da vida (economía, política, sociedade....).

Esperamos que vos gusten os Maios do noso colexio!!!


0 comentarios:

Publicar un comentario